Venres 13 de decembro 2019

Axenda

"Mesías" participativo coa Real Filharmonía de Galicia

Robert Howarth dirixe a Real Filharmonía de Galicia na interpretación de O Mesías de G. F. Haendel.

O xoves 12 e o venres 13 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"A paisaxe e a súa pegada II", exposición na Casa do Cabido

Visión que catro fotógrafos/as -Andrea Costas, Eva Díez, Denís Estévez e Xoán Soler- sobre a paisaxe do Camiño e da cidade.

Ata finais de decembro, na Casa do Cabido.

Axenda

"A cidade, o Camiño e nós", nos centros socioculturais

Mostra sobre a identidade da cidadanía de Santiago de Compostela e a xente que a visita.

Novembro, decembro e xaneiro, en varios centros socioculturais.

Axenda

"(in)visible Wom@rts" no Auditorio de Galicia

A exposición (in)visible Wom@rts amosa os traballos xurdidos no marco do proxecto europeo Wom@rts.

Do 30 de outubro ao 15 de decembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Compartir: