Luns 3 de abril 2017

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 16 de abril, na Zona C.

Axenda

Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A Banda Municipal de Santiago na Festa da Uña de San Lázaro

A Banda Municipal de Santiago súmase á celebración da Festa da Uña de San Lázaro.

O luns 3 de abril, ás 13:00 horas, en San Lázaro.

Axenda

"A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco", exposición no Colexio de Fonseca

Exposición do fotógrafo compostelán Manolo Blanco cunha parte da extensa obra coa que retratou ao longo das últimas catro décadas as rúas e xentes da capital galega.

Do 14 de marzo ao 30 de abril, no Colexio de Fonseca.

Compartir: