Sábado 1 de abril 2017

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 16 de abril, na Zona C.

Axenda

Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco", exposición no Colexio de Fonseca

Exposición do fotógrafo compostelán Manolo Blanco cunha parte da extensa obra coa que retratou ao longo das últimas catro décadas as rúas e xentes da capital galega.

Do 14 de marzo ao 30 de abril, no Colexio de Fonseca.

Axenda

"Contos no espello", no CSC de Conxo

Que ves ti no espello? Cóntao. Ese é o lema do programa Contos no espello, que organiza o Departamento de Centros Socioculturais.

O sábados 4 de marzo, 1 de abril, 6 de maio e 3 de xuño, no Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo.

Compartir: