Xoves 16 de febreiro 2017

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 16 de abril, na Zona C.

Axenda

"¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade", exposición itinerante na Alameda compostelá

¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade é unha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e, a súa vez, tan escaso. A exposición está promovida pola Obra Social "la Caixa" e Viaqua, coa colaboración do Concello de Santiago.

Do 17 de xaneiro ao 22 de febreiro, na Alameda.

Horario: de luns a venres, de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

"Estado de graza", de Teatro do Noroeste, no Principal

A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas.

Do xoves 16 ao domingo 19 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: