Xoves 9 de maio 2019

Axenda

Primavera Jazz (do 8 ao 12 de maio)

A música jazz volve a Santiago de Compostela cun festival no que participarán un total de 15 artistas.

Do 8 ao 12 de maio, na praza da Quintana, na praza Roxa e en varios locais da cidade.

Axenda

"Formas do deseño. Galicia XXI", no Auditorio de Galicia

Un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño.

Do 20 de febreiro ao 23 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Verticais", instalación de Brais Rodríguez, na Zona C

Verticais é un conxunto modular de debuxos ordenado de modo secuencial.

Do 28 de marzo ao 28 de maio, na Zona C.

Axenda

"Anatomía dunha serea", por Chévere e A Berberecheira

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico.

O xoves 9 e o venres 10 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Terra de soños", mostra de Cristina García Rodero

Terra de soños (A India máis descoñecida), forma parte do programa Arte na Rúa, a través do cal a Obra Social "la Caixa" quere achegar a arte ás persoas, fóra do marco habitual de museos e salas de exposicións.

Do 12 de abril ao 9 de maio, na Alameda.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: