Martes 14 de maio 2019

Axenda

Maio, mes das Letras nos centros cívicos

Actividades nos centros cívicos para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Antonio Fraguas.

Durante o mes de maio, nos centros cívicos.

Axenda

"Formas do deseño. Galicia XXI", no Auditorio de Galicia

Un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño.

Do 20 de febreiro ao 23 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Verticais", instalación de Brais Rodríguez, na Zona C

Verticais é un conxunto modular de debuxos ordenado de modo secuencial.

Do 28 de marzo ao 28 de maio, na Zona C.

Axenda

XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Esta Mostra é un verdadeiro escaparate do movemento teatral universitario galego, xa que nel se programan todas as compañías da USC así como as compañías das universidades de Vigo e da Coruña.

Do 22 de abril ao 16 de maio, no Teatro Principal e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bodaño.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: