Venres 29 de xuño 2018

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea (do 6 ao 29 de xuño)

Os amantes da música de culto e de vangarda poden gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos.

Do 6 ao 29 de xuño, en varios espazos da cidade.

Axenda

"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia

Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.

Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O rapto de Europa", instalación de Marcos Covelo

Marcos Covelo cuestiona na peza El rapto de Europa a concepción e representación da bandeira da UE prestando especial atención á situación actual de Europa ao abeiro do contexto económico, social e político.

Do 1 de xuño ao 29 de xullo, na Zona C.

Axenda

"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido

A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.

Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.

Axenda

"Huella", residencia escénica con María Move

Consistirá nunha proxección do traballo audiovisual e pequena mostra de movemento froito da investigación durante a residencia.

O venres 29 de xuño, ás 18:00 horas, na Sala Agustín Magán (Santa Marta).

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: