Xoves 28 de xuño 2018

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea (do 6 ao 29 de xuño)

Os amantes da música de culto e de vangarda poden gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos.

Do 6 ao 29 de xuño, en varios espazos da cidade.

Axenda

"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia

Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.

Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O rapto de Europa", instalación de Marcos Covelo

Marcos Covelo cuestiona na peza El rapto de Europa a concepción e representación da bandeira da UE prestando especial atención á situación actual de Europa ao abeiro do contexto económico, social e político.

Do 1 de xuño ao 29 de xullo, na Zona C.

Axenda

"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido

A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.

Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: