Sábado 28 de abril 2018

Axenda

"De como non casar. How not to get married", instalación de Olalla Castro e Nicoleta Moise

lalla Castro e Nicoleta Moise propoñen un itinerario gráfico, audiovisual e performativo no que diferentes supersticións, rituais e tradicións relacionadas con Galicia e con Santiago de Compostela son recompiladas e reinterpretadas.

Do mércores 21 de marzo ao domingo 20 de maio, na Zona C.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas

Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.

Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Santiago, pintado", ilustracións de Isabel Rey

Santiago, pintado, mostra de 15 ilustracións de Isabel Rey que amosan os recunchos de Compostela.

Do 15 de marzo ao 30 de abril, no Pazo de Fonseca.

Axenda

XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura

Obradoiros de escrita creativa e de ilustración, contacontos e moito máis para fomentar a lectura entre os máis novos e novas.

Do 3 de abril ao 5 de maio, na Galería Sargadelos.

Axenda

"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido

A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.

Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.

Axenda

Feira do Libro (do 28 de abril ao 6 de maio)

Nova edición da Feira do Libro, cun amplo programa de actividades literarias para todos os públicos.

Do 28 de abril ao 6 de maio, no Paseo Central da Alameda.

Axenda

Mostra de Teatro Universitario

Nova edición desta mostra das obras dos grupos teatrais universitarios de toda Galicia.

Do 27 de abril ao 24 de maio, no Teatro Principal e no Salón Teatro.

Axenda

"Gaia", pola compañía Entremans

Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar, Gaia, o seu segundo espectáculo logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Juega.

O sábado 28 de abril, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Riscando o ceo", con Circo Chosco

"Chosco!" é o espectáculo que nos ofrecen no marco da residencia na que preparan Riscando o ceo.

O sábado 28 de abril, ás 20:00 horas, na Sala Agustín Magán (Santa Marta).

Compartir: