Sábado 24 de febreiro 2018

Axenda

"Desemellanzas", fotografías de Calrús

O fotógrafo Calrús amosa unha selección de fotografías realizadas durante varios anos en lugares de diferentes países e continentes.

Do 2 de febreiro ao 9 de marzo, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C

Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.

Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas

Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.

Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Con-secuencias. Colección DKV"

A Fundación Didac e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV, con obras de 40 artistas.

Do 6 de febreiro ao 1 de abril, na Fundación Eugenio Granell, na igrexa da Universidade e na Fundación Didac.

Axenda

2º Ciclo Novos Talentos Musicais

Volven os novos talentos musicais ao Paraninfo da Universidade. Nove recitais interpretados por 23 promesas galegas da música e un cuarteto de clarinetistas.

Do 19 de febreiro ao 24 de marzo, no Paraninfo da Universidade.

Axenda

Xenerais da Ulla 2018

Varias parroquias compostelás e de municipios da comarca celebran o Entroido co tradicional atranque dos Xenerais da Ulla.

Os días 28 de xaneiro; 3, 4, 5, 10, 11, 13, 17, 18 e 24 de febreiro, e 3 de marzo, en varias parroquias de Santiago e comarca.

Axenda

"Me llamo Suleimán", pola compañía Una Hora Menos

Adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano. Unha produción da compañía canaria Una Hora Menos, protagonizada por Marta Vieira.

O sábado 24 de febreiro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: