Sábado 17 de febreiro 2018

Axenda

Xornada "Welcome to the Spectrum"

A Asociación Galega de Asperger proponse incrementar a participación de persoas con diagnóstico do Espectro do Autismo en actividades de visibilización, concienciación e reivindicación.

O sábado 17 de febreiro, dende as 8:30 horas, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Desemellanzas", fotografías de Calrús

O fotógrafo Calrús amosa unha selección de fotografías realizadas durante varios anos en lugares de diferentes países e continentes.

Do 2 de febreiro ao 9 de marzo, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C

Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.

Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas

Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.

Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Con-secuencias. Colección DKV"

A Fundación Didac e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV, con obras de 40 artistas.

Do 6 de febreiro ao 1 de abril, na Fundación Eugenio Granell, na igrexa da Universidade e na Fundación Didac.

Axenda

Feira-Exposición de Planta de Galicia

Nesta edición, ademais de planta ornamental, forestal e froiteira, haberá tamén horta e complementos, todo o necesario para o mundo do viveirismo e dos centros de xardinería.

Do 15 ao 17 de febreiro, no Recinto Feiral de Amio.

Axenda

"O servidor de dous amos", por Talía Teatro, no Principal

Oito intérpretes en escena nun espectáculo de gran formato onde todo é posible, onde a mentira e a confusión son a base do xogo.

Do mércores 14 ao sábado 17 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: