Luns 24 de decembro 2018

Axenda

Mercado do Nadal en Carreira do Conde

Postos de artesanía, doces, obxectos e agasallos para as festas, cunha representación moi ampla da artesanía local.

Do 1 de decembro ao 5 de xaneiro, na rúa de Carreira do Conde.

Axenda

Pista de patinaxe sobre xeo no parque da Alameda

A pista de patinaxe sobre xeo volve como cada Nadal á Alameda compostelana para facer as delicias de pequenos e maiores.

Ata o 27 de xaneiro, no parque central da Alameda.

Axenda

"Unha gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002 - 2019]", no Auditorio de Galicia

Este proxecto expositivo fai unha reflexión cidadá a dezaseis anos vista da catástrofe do Prestige.

Do 19 de novembro ao 8 de xaneiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Tres anos de Compostela Ilustrada", na Casa do Cabido

Selección de debuxos das tres edicións de Compostela Ilustrada: 2016, 2017 e 2018. Un centenar de obras de 32 artistas, entre eles Miguelanxo Prado, Javier Mariscal, Catel Muller, Mr. Zé ou o xaponés Ikeda Munehiro.

Do 22 de novembro ao 9 de xaneiro, na Casa do Cabido.

Axenda

"Camiñantes", de Tino Martínez, no Museo das Peregrinacións

Unha mostra do fotógrafo Tino Martínez na que o peregrino deixa de ser por un momento un anónimo camiñante e se converte nun protagonista do Camiño.

Ata o 30 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Compartir: