Venres 30 de novembro 2018

Axenda

Love of Lesbian, en concerto no Auditorio de Galicia

Love of Lesbian chegan a Santiago de Compostela para presentar o seu espectáculo Espellos & Espellismos.

O venres 30 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Boas Noites: programa de lecer nocturno

Unha manchea de actividades de balde para a mocidade nas noitiñas dos xoves e venres de novembro.

Os xoves e venres do mes de novembro, en varias localizacións da cidade.

Axenda

"Híbrido", de Aarón Sanromán, na Zona C

Seleccionado na modalidade de proxectos de intervención artística, na convocatoria de propostas de selección en artes visuais para a Zona "C", o artista Aarón Sanromán presenta Híbrido, un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica.

Do 3 de outubro ao 9 de decembro, na Zona C.

Axenda

Francisco Llorens, pintor da paisaxe galega

Mostra está organizada polo Consorcio das Mariñas, como actividade da Ruta do Impresionismo das Mariñas, que se centra na figura do pintor Francisco Llorens.

Do 16 de novembro ao 2 de decembro, na avenida de Xoán XXIII.

Axenda

"Con Galiza sempre no horizonte", no Colexio de Fonseca

Comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga e Gloria López López, a mostra Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela repasa, con información gráfica e documental, a actividade vital e artística dos 16 anos que pai e fillo viviron en Santiago (1920-1936).

Do 9 de outubro ao 30 de novembro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Tres anos de Compostela Ilustrada", na Casa do Cabido

Selección de debuxos das tres edicións de Compostela Ilustrada: 2016, 2017 e 2018. Un centenar de obras de 32 artistas, entre eles Miguelanxo Prado, Javier Mariscal, Catel Muller, Mr. Zé ou o xaponés Ikeda Munehiro.

Do 22 de novembro ao 9 de xaneiro, na Casa do Cabido.

Axenda

"Camiñantes", de Tino Martínez, no Museo das Peregrinacións

Unha mostra do fotógrafo Tino Martínez na que o peregrino deixa de ser por un momento un anónimo camiñante e se converte nun protagonista do Camiño.

Ata o 30 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Dúas donas que bailan", por Teatro do Atlántico, no Principal

O drama, os soños e os fracasos de dous complexos personaxes, inerpretados por María Barcala e María Ángeles Iglesias.

O venres 30 de novembro e o sábado 1 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: