Xoves 29 de novembro 2018

Axenda

Boas Noites: programa de lecer nocturno

Unha manchea de actividades de balde para a mocidade nas noitiñas dos xoves e venres de novembro.

Os xoves e venres do mes de novembro, en varias localizacións da cidade.

Axenda

"Una conferencia bailada" no Teatro Principal

Toni Jodar preséntase no seu formato habitual, entre a conferencia e o espectáculo.

O xoves 29 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Híbrido", de Aarón Sanromán, na Zona C

Seleccionado na modalidade de proxectos de intervención artística, na convocatoria de propostas de selección en artes visuais para a Zona "C", o artista Aarón Sanromán presenta Híbrido, un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica.

Do 3 de outubro ao 9 de decembro, na Zona C.

Axenda

Francisco Llorens, pintor da paisaxe galega

Mostra está organizada polo Consorcio das Mariñas, como actividade da Ruta do Impresionismo das Mariñas, que se centra na figura do pintor Francisco Llorens.

Do 16 de novembro ao 2 de decembro, na avenida de Xoán XXIII.

Axenda

"Con Galiza sempre no horizonte", no Colexio de Fonseca

Comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga e Gloria López López, a mostra Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela repasa, con información gráfica e documental, a actividade vital e artística dos 16 anos que pai e fillo viviron en Santiago (1920-1936).

Do 9 de outubro ao 30 de novembro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Real Filharmonía de Galicia: Tras as Liñas

Novo concerto da RFG, dirixida por Paul Daniel. Participación especial de Isabel Villanueva á viola.

O xoves 29 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: