Luns 8 de xaneiro 2018

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

"Modelo X armar", exposición de artistas galegos no CGAC

Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Xulio Cortázar, 62/Modelo para armar, abórdase a colección coma un modelo por construír.

Do 9 de novembro ao 28 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Mise en Abyme", pinturas e acuarelas de Eduardo Batarda

Eduardo Batarda (Coímbra, 1943) é un dos artistas máis recoñecidos de Portugal e Mise en abyme a súa primeira exposición individual en España.

Do 11 de outubro ao 21 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Parafernalia", exposición retrospectiva do escultor César Lombera, na Casa do Cabido

A mostra exhibe o universo popular, fantástico, festivo, teatral e colorista do escultor César Lombera ao longo das súas diferentes etapas.

Ata mediados de febreiro de 2018, na Casa do Cabido.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Compartir: