Mércores 3 de xaneiro 2018

Axenda

Nadal Compostela: máis de 50 actividades para todos os públicos

Máis de medio cento de actividades para todos os públicos e en diferentes espazos da cidade e dos barrios.

Ata o 6 de xaneiro.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

"Modelo X armar", exposición de artistas galegos no CGAC

Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Xulio Cortázar, 62/Modelo para armar, abórdase a colección coma un modelo por construír.

Do 9 de novembro ao 28 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Mise en Abyme", pinturas e acuarelas de Eduardo Batarda

Eduardo Batarda (Coímbra, 1943) é un dos artistas máis recoñecidos de Portugal e Mise en abyme a súa primeira exposición individual en España.

Do 11 de outubro ao 21 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Parafernalia", exposición retrospectiva do escultor César Lombera, na Casa do Cabido

A mostra exhibe o universo popular, fantástico, festivo, teatral e colorista do escultor César Lombera ao longo das súas diferentes etapas.

Ata mediados de febreiro de 2018, na Casa do Cabido.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Pasearte": arte contemporánea nos escaparates

Durante as festas de Nadal, a arte toma a rúa como espazo expositivo. As creacións, nas diferentes disciplinas, exhíbense nos escaparates de 85 locais da área comercial do Ensanche.

Ata o 5 de xaneiro, nas rúas do Ensanche.

Axenda

Belén familiar de Conxo

Como cada Nadal, o tradicional Belén de Conxo, que se organiza desde o ano 1946, abre as súas portas para que todos os composteláns e visitantes admiren a súa impoñente montaxe.

Ata o 7 de xaneiro, na casa da familia Otero (ruela de Torrente, 6).

Compartir: