Luns 29 de xaneiro 2018

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C

Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.

Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.

Axenda

"Parafernalia", exposición retrospectiva do escultor César Lombera, na Casa do Cabido

A mostra exhibe o universo popular, fantástico, festivo, teatral e colorista do escultor César Lombera ao longo das súas diferentes etapas.

Ata mediados de febreiro de 2018, na Casa do Cabido.

Axenda

"De tendas. O comercio, emblema dunha cidade"

Exposición fotográfica dos comercios seleccionados en 2017 como comercios emblemáticos da cidade de Santiago de Compostela polos membros da Mesa de Comercio.

Ata o 2 de febreiro, no Centro Cultural Afundación

Axenda

"Parafernalia", retrospectiva da obra de César Lombera

"Parafernalia" é unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das estatuas das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá.

Ata despois de Semana Santa, na Casa do Cabido.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Compartir: