Sábado 23 de setembro 2017

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.

Axenda

"Vive o verán", actividades para todos e todas nos centros socioculturais de Compostela

Os CSC ofrecen un amplo programa de actividades durante o verán, nos propios centros e noutros puntos da cidade.

Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, nos centros socioculturais.

Axenda

"O Ceo en España. Os brigadistas austríacos na Guerra Civil Española", mostra no Colexio de Fonseca

A exposición recrea mediante fotografías, documentos e obxectos orixinais o periplo vital dos 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que chegaron a España tras a sublevación franquista.

Do 14 de setembro ao 31 de outubro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

Compostela Contemporánea

2ª edición deste evento arredor do muralismo urbano, con master class, conferencias, concertos e intervencións no espazo público.

Do 15 ao 24 de setembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Bastións", esculturas de José Perozo

Bastións é unha compilación de hábitats, a ilustración dun mundo de cidades e personaxes que se habitan a si mesmos no que se combina certo realismo máxico cunha estética postindustrial.

Do 16 de setembro ao 5 de outubro, na igrexa da Compañía (Universidade).

Axenda

Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"

Unha viaxe polos materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Poderase sacar unha foto de "recordo escolar" cun mapa nas costas.

Do 15 de setembro ao 31 de decembro, no Museo Pedagóxico de Galicia.

Axenda

Debuxando o Gaiás

Actividade lúdica coa que pasar dúas horas en contacto coa natureza.

O sábado 23 de setembro, ás 17:00 horas, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Boneca de porcelana", con José Sacristán e Javier Godino

Primeira produción internacional do texto China Doll, de David Mamet, logo da estrea en Broadway en 2015. Con José Sacristán e Javier Godino como protagonistas.

O sábado 23 de setembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: