Luns 21 de agosto 2017

Axenda

Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás

Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.

Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro", exposición na Cidade da Cultura

documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia

Do 9 de xuño ao 17 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.

Axenda

"Vive o verán", actividades para todos e todas nos centros socioculturais de Compostela

Os CSC ofrecen un amplo programa de actividades durante o verán, nos propios centros e noutros puntos da cidade.

Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, nos centros socioculturais.

Axenda

Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).

Axenda

Vari Caramés: "Ventá ao insólito"

Vari Caramés é un dos artistas galegos con maior proxección e recoñecemento nacional e internacional. A súa obra fotográfica posúe unhas características estilísticas que identifican con claridade a autoría das pezas, xa que as veladuras nas súas imaxes son unha constante.

Ata o 2 de setembro, no Centro Cultural Afundación.

Axenda

"Feito a man", concertos nas rúas e prazas da cidade vella

Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas enchen as rúas e prazas da cidade vella compostelá.

Do 3 ao 30 de agosto, en varios espazos da cidade histórica.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

A rúa é nosa! Compostela Territorio Xogantín

Actividades abertas organizadas por Xandobela para recuperar a rúa como espazo de xogo e encontro para os rapaces.

Na praza 8 de Marzo, ás 11:30 horas.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: