Mércores 5 de xullo 2017

Axenda

Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).

Axenda

Vari Caramés: "Ventá ao insólito"

Vari Caramés é un dos artistas galegos con maior proxección e recoñecemento nacional e internacional. A súa obra fotográfica posúe unhas características estilísticas que identifican con claridade a autoría das pezas, xa que as veladuras nas súas imaxes son unha constante.

Ata o 2 de setembro, no Centro Cultural Afundación.

Axenda

Representación de "Río Bravo" en Chévere 3.0

Para celebrar o seu 30 aniversario, Chévere agasalla ao público con tres das súas obras emblemáticas. Desta vez ofrecen varias funcións da recordada Río Bravo.

Do 4 ao 9 de xullo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

TerraZeando: Zebra Hunt

O ciclo TerraZeando trae nesta edición cinco concertos en lugares singulares de Santiago de Compostela. Desta vez, concerto de Zebra Hunt.

O mércores 5 de xullo, ás 21:00 horas, no Bar Olvido.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Axenda

Títeres en ruta: Con Valle-Inclán por Santiago

Turismo de Santiago propón unha orixinal descuberta da cidade e a súa relación co xenio e figura de Ramón del Valle-Inclán, da man de Títeres Cachirulo.

- Funcións en xullo: Día 1, 2, 4, 5, 6, 7 26, 27, 28, 29, 30, 31.

- Funcións en galego (programa Apego) en xullo: Día 3.

Compartir: