Mércores 12 de xullo 2017

Axenda

"Alén dos xéneros", exposición no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.

Axenda

Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).

Axenda

Vari Caramés: "Ventá ao insólito"

Vari Caramés é un dos artistas galegos con maior proxección e recoñecemento nacional e internacional. A súa obra fotográfica posúe unhas características estilísticas que identifican con claridade a autoría das pezas, xa que as veladuras nas súas imaxes son unha constante.

Ata o 2 de setembro, no Centro Cultural Afundación.

Axenda

Programación para nenas e nenos e en galego co Apego

O programa Apego aglutina todo o calendario de actividades infantís e familiares, tamén nestes meses de verán.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Annus Horríbilis" en Chévere 3.0 e no Auditorio de Galicia

Para celebrar o seu 30 aniversario, Chévere agasalla ao público con tres das súas obras emblemáticas. Vez para Annus Horríbilis.

Do 12 ao 14 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

TerraZeando: Stone Dead

O ciclo TerraZeando trae nesta edición cinco concertos en lugares singulares de Santiago de Compostela. Desta vez, concerto de Stone Dead.

O mércores 12 de xullo, ás 21:00 horas, no Hotel NH Collection.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: