Sábado 1 de xullo 2017

Axenda

Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).

Axenda

Vari Caramés: "Ventá ao insólito"

Vari Caramés é un dos artistas galegos con maior proxección e recoñecemento nacional e internacional. A súa obra fotográfica posúe unhas características estilísticas que identifican con claridade a autoría das pezas, xa que as veladuras nas súas imaxes son unha constante.

Ata o 2 de setembro, no Centro Cultural Afundación.

Axenda

Ciclo de Cine Australiano: "The Dressmaker"

Continúa o Ciclo de Cine Australiano coa proxección de The Dressmaker, de Jocelyn Moorhouse.

O sábado 1 de xullo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: