Luns 10 de abril 2017

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 16 de abril, na Zona C.

Axenda

Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela", exposición fotográfica sobre a evolución urbana da cidade

Baixo o título Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, esta exposición de fotografías mostra a evolución da cidade de Santiago, dende as súas orixes ata a actualidade, a través de lugares emblemáticos pertencentes a diferentes épocas históricas. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela. Recolle espazos tan diversos como a necrópole neolítica Chans de Figueiras, o Pazo de Xelmírez, o Pazo de Monroy, a Casa do Deán, o Pazo de Raxoi, a Finca do Espiño, o Pazo de Santa Cruz, a Cidade da Cultura, a dársena da Avenida Xoán XXIII, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a estación do tren…

Ata finais de xuño, na Casa do Cabido.

Axenda

"A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco", exposición no Colexio de Fonseca

Exposición do fotógrafo compostelán Manolo Blanco cunha parte da extensa obra coa que retratou ao longo das últimas catro décadas as rúas e xentes da capital galega.

Do 14 de marzo ao 30 de abril, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Ciclo musical "De Lugares e Órganos"

De Lugares e Órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela pon en valor os órganos situados nos templos da cidade como elementos patrimoniais.

Do 31 de marzo ao 16 de abril, en varios espazos.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: