Luns 6 de marzo 2017

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 2 de abril, na Zona C.

Axenda

Exposición de María Maquieira na Fundación Granell

A figura feminina e a súa mirada son as protagonistas dos debuxos e acuarelas que conforman esta exposición.

Do 1 ao 26 de marzo, na Fundación Granell.

Axenda

"Tamén é machismo", imaxes e textos contra as desigualdades e a discriminación da muller

A través dunha serie de mensaxes e ilustracións, o obxectivo será sensibilizar á poboación moza sobre determinados comportamentos, actitudes ou comentarios cotiás que están normalizados e que discriminan e perpetúan as desigualdades das mulleres, é dicir, sobre os denominados micromachismos.

Do 6 ao 12 de marzo, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Elas": 28 obras de pintoras galegas

Exposición de 38 obras de pintoras galegas que ilustran o libro Elas, de Aurora Marco.

Do 2 ao 30 de marzo, no Centro Abanca Obra Social.

Compartir: