Venres 31 de marzo 2017

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 2 de abril, na Zona C.

Axenda

Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco", no Colexio de Fonseca

Exposición do fotógrafo compostelán Manolo Blanco cunha parte da extensa obra coa que retratou ao longo das últimas catro décadas as rúas e xentes da capital galega.

Do 14 de marzo ao 30 de abril, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía de Galicia

Concerto da Real Filharmonía de Galicia con Maxym Emelyanchev como director e ao piano, nun programa dedicado a Mozart.

O venres 31 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Santiautor 2017: Patricia Lázaro

Concerto de Patricia Lázaro no marco do ciclo Santiautor 2017.

O xoves 31 de marzo, ás 22:30 horas, na Sala Sónar.

Compartir: