Mércores 15 de marzo 2017

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 2 de abril, na Zona C.

Axenda

Exposición de María Maquieira na Fundación Granell

A figura feminina e a súa mirada son as protagonistas dos debuxos e acuarelas que conforman esta exposición.

Do 1 ao 26 de marzo, na Fundación Granell.

Axenda

"Elas": 28 obras de pintoras galegas

Exposición de 38 obras de pintoras galegas que ilustran o libro Elas, de Aurora Marco.

Do 2 ao 30 de marzo, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

"A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco", no Colexio de Fonseca

Exposición do fotógrafo compostelán Manolo Blanco cunha parte da extensa obra coa que retratou ao longo das últimas catro décadas as rúas e xentes da capital galega.

Do 14 de marzo ao 30 de abril, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral

Contadores e contadoras de Galicia, Cuba, Perú, Azores, Colombia... nunha programación inzada de historias para todas as idades.

Do 15 ao 19 de marzo, en diversos espazos.

Axenda

"Crónicas de Siria", no CSC do Ensanche

Lectura musicada dunha selección de relatos breves de autoras e autores contemporáneos sirios.

O mércores 15 de marzo no CSC do Ensanche.

Axenda

"O soño dunha noite de verán", por Voadora, no Principal

Voadora presenta O soño dunha noite de verán, de William Shakespeare.

Do mércores 15 ao sábado 18 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: