Domingo 8 de outubro 2017

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O Ceo en España. Os brigadistas austríacos na Guerra Civil Española", mostra no Colexio de Fonseca

A exposición recrea mediante fotografías, documentos e obxectos orixinais o periplo vital dos 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que chegaron a España tras a sublevación franquista.

Do 14 de setembro ao 31 de outubro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

Curtocircuíto. 14º Festival Internacional de Cine

O 14º Festival Internacional de Cine Curtocircuíto celebra a súa semana oficial de proxeccións a concurso.

Do 1 ao 8 de outubro, no Teatro Principal e outros espazos da cidade.

Axenda

Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"

Unha viaxe polos materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Poderase sacar unha foto de "recordo escolar" cun mapa nas costas.

Do 15 de setembro ao 31 de decembro, no Museo Pedagóxico de Galicia.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea 2017

Artistas e formacións referenciais da música de culto e de vangarda danse cita un ano máis en Compostela.

Do 7 de outubro ao 25 de novembro, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

"O pintor de batallas", con Jordi Rebellón e Alberto Jiménez

Antonio Álamo asume a dramaturxia e dirección deste espectáculo baseado no texto homónimo de Arturo Pérez Reverte. Con Jordi Rebellón e Alberto Jiménez.

O domingo 8 de outubro, ás 20:30 e ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: