Martes 3 de xaneiro 2017

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Nadal 2016

Baixo o lema "Conto, canto o Nadal", o Concello preparou un programa de Nadal que combina actividades tradicionais con propostas máis novidosas e dirixidas a todos os públicos.

Durante as datas do Nadal en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus

Baixo o título Rostros, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus, rostros que o artista recolleu durante os anos 20 e 30 do pasado século.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

"The observation of trifles", de Carlos Alba, na Zona C

Carlos Alba toma obxectos que atopa nas rúas e utilízaos como unha especie de arqueoloxía visual. A combinación de obxectos con fotografías chega ao espectador dunha maneira física e envolta en misterio.

Ata o 22 de xaneiro, na Zona C de Bonaval.

Compartir: