Luns 19 de marzo 2018

Axenda

"Espellos de pedra", mostra fotográfica de Gabriel Tizón

Gabriel Tizón busca dar conta do cotián como algo excepcional. Un traballo froito do encontro con dezaoito mulleres: avoas, nais, fillas, traballadoras...

Do 5 ao 31 de marzo, en diferentes lugares da cidade de Compostela.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Parafernalia", retrospectiva da obra de César Lombera

"Parafernalia" é unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das estatuas das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá.

Ata despois de Semana Santa, na Casa do Cabido.

Axenda

"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas

Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.

Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Exposición de esculturas en pequeno formato de Fran Lareo no Centro Cívico do Romaño

Mostra de esculturas en pequeno formato do artista Fran Lareo. Baixo o título Seguimos imaxinando, a mostra exhibe 15 pezas realizadas cun material que o propio autor prepara e adapta no seu taller, situado en Santa Minia (Brión).

Do 8 ao 28 de marzo, no Centro Cívico do Romaño.

Axenda

"Con-secuencias. Colección DKV"

A Fundación Didac e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV, con obras de 40 artistas.

Do 6 de febreiro ao 1 de abril, na Fundación Eugenio Granell, na igrexa da Universidade e na Fundación Didac.

Axenda

"El Apóstol Ribera", mostra de Fernando Yáñez

Este proxecto expositivo é unha homenaxe do artista Fernando Yáñez ao "Spagnoletto'", José Ribera, máximo expoñente da pintura española do Século de Ouro.

Do 21 de febreiro ao 10 de abril, en San Martiño Pinario.

Axenda

13º Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado

O Premio Ksado é algo máis que un premio de fotografía: É unha aposta pola fotografía máis próxima, polo documentalismo, polo foto-xornalismo.

Do 1 de marzo ao 4 de abril, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

A Banda nas festas do barrio de San Lázaro

A Banda Municipal de Música de Santiago súmase á programación das festas do barrio de San Lázaro.

O luns 19 de marzo, ás 13:00 horas, na praza da igrexa de San Lázaro.

Axenda

Concertos de cámara CAEO

Concerto no marco do Curso de posgrao Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO).

O luns 19 de marzo, ás 20:30 horas, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Historia).

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: