Xoves 1 de marzo 2018

Axenda

"Desemellanzas", fotografías de Calrús

O fotógrafo Calrús amosa unha selección de fotografías realizadas durante varios anos en lugares de diferentes países e continentes.

Do 2 de febreiro ao 9 de marzo, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C

Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.

Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.

Axenda

"Parafernalia", retrospectiva da obra de César Lombera

"Parafernalia" é unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das estatuas das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá.

Ata despois de Semana Santa, na Casa do Cabido.

Axenda

"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas

Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.

Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Con-secuencias. Colección DKV"

A Fundación Didac e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV, con obras de 40 artistas.

Do 6 de febreiro ao 1 de abril, na Fundación Eugenio Granell, na igrexa da Universidade e na Fundación Didac.

Axenda

"El Apóstol Ribera", mostra de Fernando Yáñez

Este proxecto expositivo é unha homenaxe do artista Fernando Yáñez ao "Spagnoletto'", José Ribera, máximo expoñente da pintura española do Século de Ouro.

Do 21 de febreiro ao 10 de abril, en San Martiño Pinario.

Axenda

13º Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado

O Premio Ksado é algo máis que un premio de fotografía: É unha aposta pola fotografía máis próxima, polo documentalismo, polo foto-xornalismo.

Do 1 de marzo ao 4 de abril, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

Complicidade entre Vicente Alberola e Paquito d'Rivera

O director de orquestra Vicente Alberola á fronte da RFG amosaranos a complicidade que ten con Paquito d'Rivera.

O xoves 1 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: