Luns 19 de setembro 2016

Axenda

Programación infantil con Apego

No marco do programa Apego, o Concello de Santiago agrupa toda a programación infantil en galego, de xeito que as familias poidan atopar facilmente todas as propostas dos diferentes departamentos municipais para os máis pequenos da casa.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Mostra "80 anos. Santiago 1936" na Fundación Granell

A exposición 80 anos. Santiago 1936 pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.

Do 7 de xullo ao 25 de setembro, na Fundación Granell (praza do Toural). A mostra pode visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Axenda

Compostela + Solidaria, actividades de sensibilización nos centros socioculturais

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.

Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.

Axenda

Gala inaugural do Festival Internacional Peregrinos Musicais

Creada en 2011 da man da pianista rusa afincada en Santiago de Compostela Ilona Timchenko, a asociación Peregrinos Musicais ten como obxectivo a promoción dos novos artistas galegos. Desta forma nace o Festival Internacional Peregrinos Musicais, co fin de realizar actividades conxuntas e de intercambio cos músicos máis importantes e de prestixio internacional, e os cursos de verán. Ademais, realiza actividades de promoción dos intérpretes galegos e afincados en Galicia. Unha gala no Teatro Principal abre a VI edición do evento.

O luns 19 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: