Venres 26 de febreiro 2016

Axenda

"Henry Moore. Arte na rúa", exposición escultórica ao aire libre na praza do Obradoiro

Henry Moore (1898-1986) é un dos grandes mestres da escultura moderna. Nas décadas que seguiron á Segunda Guerra Mundial acadou sona en todos os sitios polos bronces monumentais expostos en espazos exteriores, cívicos e públicos de todo o mundo, de Escocia á beira do Mar Vermello, da escola secundaria da vila onde naceu, Castelford, en Inglaterra, á sede de Nacións Unidas en Nova York. A mostra está organizada pola Fundación "la Caixa" en colaboración con The Henry Moore Foundation.

Do 21 de xaneiro ao 28 de marzo, na praza do Obradoiro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.

Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

Intervención de Neves Seara na Zona "C" de Bonaval

A Zona "C", espazo de intervención, abre, coa intervención da artista Neves Seara, unha nova etapa resultado da Convocatoria 2016 Zona "C" Artes Visuais, dirixida a proxectos de intervención artística, proxectos de comisariado e comunicación gráfica. A intervención leva por título 73 líneas de horizonte (segunda carta a mi padre).

Do 10 de febreiro ao 27 de marzo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Palabras malditas", por Teatro do Noroeste, no Principal

Teatro do Noroeste presenta Palabras malditas, de Eduardo Alonso, quen tamén a dirixe, e protagonizada por Sara Casasnovas, Inma Alonso, Miquel Ínsua e Luma Gómez. Trátase dun espectáculo teatral sobre a amizade ou, se cadra, sobre o amor máis alá das circunstancias, das persoais e das conxunturais, máis alá da propia natureza ou do momento histórico que toque vivir.

O venres 26, o sábado 27 e o domingo 28 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Luis Fernando Pérez ao piano e a RFG interpretan a Mendelssohn no Auditorio de Galicia

Felix Mendelssohn é o protagonista do concerto da Real Filharmonía de Galicia. Dirixida por Paul Daniel, mestre titular, e con Luis Fernando Pérez ao piano. Interpretan a Abertura "A Bela Melusina" op. 23, o Concerto para piano e orquestra núm. 2 en re menor op. 40 e a Sinfonía núm. 3 en la menor op. 56 "Escocesa".

O venres 26 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: