Domingo 10 de xaneiro 2016

Axenda

"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.

Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

Exposición de postais antigas de Santiago do coleccionista Uxío de la Riva na Casa do Cabido

Baixo o título Unha ollada ao pasado, o Consorcio de Santiago, en colaboración co Museo do Pobo Galego, exhibe unha exposición de postais antigas da cidade do coleccionista compostelán Uxío de la Riva Pol, que as deposita no Museo do Pobo Galego en 1988. No seu conxunto son máis dun milleiro de postais, das cales se seleccionaron unhas 270.

Na Casa do Cabido, ata mediados de febreiro de 2016. A mostra pode visitarse no horario habitual, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

Implícate 2016

Implicadas/os no Desenvolvemento leva organizando xa 11 anos este festival que dá cabida a artistas galegas/os do máximo nivel nas máis diversas disciplinas que se unen para visibilizar o traballo da organización. Este ano, ademais, o Implícate servirá de plataforma para lanzar a nova campaña da organización, Suma!, que ten como punto central unha aplicación para móbil que se presentará esa mesma noite.

O domingo 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: