Domingo 3 de junio 2018

Axenda

Compostela + Solidaria: actividades para mudar o mundo

Pprograma de sensibilización, con obradoiros, charlas, xogos, exposicións, proxeccións e unha Feira Solidaria.

Do 25 de maio ao 15 de xuño, en diversas localizacións da cidade.

Axenda

II Semana do Libro de Compostela, SELIC (do 1 ao 10 de xuño)

Unha trintena de postos coas novidades e fondos das librarías e editoriais galegas e múltiples actividades complementarias.

Do 1 ao 10 de xuño, na praza da Quintana.

Axenda

"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia

Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.

Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O rapto de Europa", instalación de Marcos Covelo

Marcos Covelo cuestiona na peza El rapto de Europa a concepción e representación da bandeira da UE prestando especial atención á situación actual de Europa ao abeiro do contexto económico, social e político.

Do 1 de xuño ao 29 de xullo, na Zona C.

Axenda

"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido

A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.

Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: