Jueves 28 de septiembre 2017

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.

Axenda

"O Ceo en España. Os brigadistas austríacos na Guerra Civil Española", mostra no Colexio de Fonseca

A exposición recrea mediante fotografías, documentos e obxectos orixinais o periplo vital dos 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que chegaron a España tras a sublevación franquista.

Do 14 de setembro ao 31 de outubro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Actividades pola Semana Europea da Mobilidade

Actividades para a concienciación sobre os diferentes tipos de mobilidade nas áreas urbanas.

Do 22 de setembro ao 1 de outubro, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

"Bastións", esculturas de José Perozo

Bastións é unha compilación de hábitats, a ilustración dun mundo de cidades e personaxes que se habitan a si mesmos no que se combina certo realismo máxico cunha estética postindustrial.

Do 16 de setembro ao 5 de outubro, na igrexa da Compañía (Universidade).

Axenda

Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"

Unha viaxe polos materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Poderase sacar unha foto de "recordo escolar" cun mapa nas costas.

Do 15 de setembro ao 31 de decembro, no Museo Pedagóxico de Galicia.

Axenda

Segunda edición de "Quedamos na casa!"

Quedamos na Casa! é un proxecto que naceu o curso pasado coa idea de promover a cultura e o patrimonio da USC. Un proxecto que quere dar visibilidade a todas as seccións da Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela.

O xoves 28 de setembro, ás 16:00 horas, no parque de Vista Alegre.

Axenda

Apego: "Contos do Chupete", por Migallas Teatro

Sesión de contos para bebés con música en directo, literatura infantil, expersión dramática e tradición oral.

O xoves 28 de setembro, ás 18:00 horas, no CSC do Ensanche.

Axenda

Paseo literario por Compostela con Antón Riveiro Coello

Terceira entrega do ciclo de percorridos literarios por Compostela, desta vez con Antón Riveiro Coello.

O xoves 28 de setembro, ás 18:00 horas, con saída da carballeira de San Lourenzo.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: