Jueves 14 de septiembre 2017

Axenda

Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás

Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.

Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro", exposición na Cidade da Cultura

documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia

Do 9 de xuño ao 17 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.

Axenda

"Vive o verán", actividades para todos e todas nos centros socioculturais de Compostela

Os CSC ofrecen un amplo programa de actividades durante o verán, nos propios centros e noutros puntos da cidade.

Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, nos centros socioculturais.

Axenda

"O Ceo en España. Os brigadistas austríacos na Guerra Civil Española", mostra no Colexio de Fonseca

A exposición recrea mediante fotografías, documentos e obxectos orixinais o periplo vital dos 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que chegaron a España tras a sublevación franquista.

Do 14 de setembro ao 31 de outubro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

herDanza: Danza en claustros, rúas e espazos abertos

O festival herDanza busca a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade.

Do 11 ao 16 de setembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

II Sar en Cinema

A asociación Espazo Veciñal de Sar organiza este ciclo de cinema, que ademais inclúe no seu programa a actuación de contadores para os máis pequenos.

Os xoves 24 e 31 de agosto, e 7 e 14 de setembro, no parque de Belvís e no CSC de Sar.

Axenda

Apego: "Nanocontos", con Raquel Queizás

Raquel Queizás ofrece un espectáculo para estimular habilidades de percepción espacial e psicomotricidade nos bebés.

O xoves 14 de setembro, ás 18:00 horas, no CSC do Ensanche.

Axenda

Paseo literario por Compostela con Esperanza Mariño Davila

Primeira entrega do ciclo de percorridos literarios por Compostela, desta vez con Esperanza Mariño Davila.

O xoves 14 de setembro, ás 18:00 horas, con saída da rúa das Hortas.

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia no CSC José Saramago (Vite)

A Real Filharmonía de Galicia abre a temporada 2017-2018 con catro concertos abertos ao público nos centros socioculturais e na praza de Abastos.

O xoves 14 de setembro, ás 20:00 horas, no CSC "José Saramago" de Vite.

Axenda

Do pasodobre á danza armenia coa Banda Municipal

A Banda Municipal de Santiago de Compostela interpreta pezas, de diferentes estilos tradicionais.

O xoves 14 de setembro, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.

Axenda

Concerto de Gintonic na igrexa da Compañía

Banda formada por catro profesionais cunha longa traxectoria e unha dilatada experiencia en múltiples estilos. O seu ámbito de interpretación sitúase entre o rock progresivo e o jazz, e su repertorio componse íntegramente de temas propios.

O xoves 14 de setembro, ás 20:00 horas, na igrexa da Compañía (Universidade).

Axenda

"A canción do elefante", por Redrum Teatro

Thriller psicolóxico dirixido por Álex Sampayo, con Ernesto Chao, Patricia Vázquez e Guillermo Carbajo. Inspirada no orixinal The elephant song, de Nicholas Billon.

Do 13 ao 16 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: