Viernes 25 de julio 2014
Axenda
Apóstolo 2014
Durante 14 días, as Festas do Apóstolo ofrecen un programa con variedade de rexistros e espectáculos para todos os gustos e idades, actividades culturais e lúdicas que conforman un programa diversificado para unha cidade plural como a nosa.
Do 18 ao 31 de xullo e diversos espazos da cidade.
Axenda
Oitava edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
A oitava edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, do ano 2013, ofrece a oportunidade de acceder á arte máis actual, un conxunto de 46 obras onde a frescura dos novos artistas se fai presente a través de diferentes métodos de representación. Así podemos encontrar dende os procedementos máis tradicionais como o óleo sobre lenzo ata imaxes virtuais, recreacións de cámaras escuras ou instalacións audiovisuais. Nesta edición, o primeiro dos premios foi para Olaia Sendón; o segundo para María Castellanos e o accésit para Jesús Madriñán.
Ata o 3 de agosto, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Santiago cidade ilustrada", exposición na Casa do Cabido
O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial organizan a exposición Santiago Cidade Ilustrada na Casa do Cabido. A mostra reflicte, a través de máis de 60 debuxos e ilustracións, o protagonismo que a cidade compostelá foi adquirindo na literatura infantil e xuvenil, nos cadernos de viaxe e nos cómics nos últimos anos. Son obras de autores nacionais e internacionais, cunha sección dedicada aos debuxantes norteamericamos que nas súas historietas incorporaron imaxes de Santiago.
Ata o mes de outubro, na Casa do Cabido.
Axenda
"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"
Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.
Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.