Colonias de gatos

Descrición

Establecemento de colonias de gatos no Concello de Santiago.

Requirimentos

Presentar a ficha da colonia e aceptar os requisitos establecidos no Protocolo para a creación e mantemento de colonias de gatos, aprobada pola Xunta de Goberno do 24 de abril de 2015.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: Para atención presencial é preciso solicitar cita previa: 881505107 ou https://citaprevia.santiagodecompostela.gal
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.
Nesta oficina pode solicitar a información relativa ao trámite e recoller os impresos que se precisen.
A atención prestarase prioritariamente a traves dos canais:
- Telefónico: 981542300 - 981543128
- Correo electrónico: informacion@santiagodecompostela.gal

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: cita previa: 881505107 ou https://citaprevia.santiagodecompostela.gal
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Para atención presencial será IMPRESCINDIBLE cita previa de 11:00 a 13:00 horas (horario de verán) e de 11:00 a 14:00 horas (horario de inverno).
De 9:00 a 10:30 horas atenderase sen cita previa, por orde de chegada, solicitando quenda na máquina dispensadora de citas, ata un máximo de 40 números ao día.
Teléfono oficina: 981 543 122 // Fax: 981 543 133

Rexistro electrónico do Concello de Santiago en sede.santiagodecompostela.gal
Tamén pode presentar calquera documentación ou solicitude dirixida ao Concello de Santiago a traves da Red SARA

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A documentación relacionada co departamento de Atención ao Contribuínte só será recollida nese departamento.

O Rexistro Xeral NON recolle a documentación que se deba de presentar na oficina de Atención ao Contribuínte.

Para axilizar a tramitación de solicitudes relativas a temas urbanísticos e tributarios prégase a súa presentación nos rexistros auxiliares específicos.

Tramítase en

Medio ambiente
Enderezo: Praza Camilo Díaz Baliño, 15 baixo
Tel.: 981 543 147
Fax: 981 542 368
Correo: Contactar co Concello
Servizo de lacería Tel.: 981 542 323

Formularios



Compartir: