Neste departamento o cidadán pode obter información sobre calquera aspecto relacionado cos seguintes temas:
  • Convocatorias do Concello de prazas de persoal funcionario ou laboral e das súas bases.
  • Contido da oferta pública de emprego deste municipio.
  • Selección de persoal: interino, contratado laboral temporal, elaboración de listas de espera para substitucións e baremos aplicables.
  • Datas de publicación e prazos de presentación de instancias para a cobertura das prazas.

Pode consultar a Oferta de Emprego Público no sitio EMPREGO DO CONCELLO.

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello



Compartir: