Listaxe de agarda de persoal administrativo de administración xeral

Tipo Emprego temporal
Convocatoria 2020
Más Información As vixentes normas de xestión de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Santiago de Compostela, publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, do 3 de febreiro de 2010, establecen no seu artigo 3 o procedemento de elaboración de listas de agarda por convocatorias de ingreso, indicando que o sistema xeral de selección do persoal para prestar servizos temporalmente no Concello de Santiago será mediante listas de agarda creadas ao efecto, unha vez finalizadas as probas selectivas de quenda libre correspondentes á última Oferta Pública de Emprego para o acceso aos diferentes corpos ou escalas de persoal funcionario.

Para determinar a orde da prelación, o artigo 3 das normas recolle un baremo de méritos que as persoas aspirantes deberán acreditar, concedendo ao efecto un prazo improrrogable de 10 días para que as persoas interesadas acheguen a documentación pertinente, méritos que se unirán á suma das notas obtidas nas probas do proceso selectivo, do xeito que desenvolve o artigo citado.

O prazo para presentación de documentación pecha o día 17 de xuño de 2020.
Documentos relacionados
Compartir: