Subministro e implantación dunha ampliación da infraestructura de servidores para a solución de administración electrónica do Concello de Santiago de Compostela - EDUSI

A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 21-10-2019, ADXUDICOU o contrato para a "Suministración e implantación dunha ampliación da infraestrutura de servidores para a solución de administración electrónica" á empresa COREMAIN, S.L. por un importe de 119.799,65 €, IVE excluído.

Ós efectos do cumprimento do disposto no artigo 151 da LCSP, os informes técnicos valorativos das distintas proposicións presentadas á licitación, que desembocaron na adxudicación que se lle traslada mediante esta notificación, están á súa disposición no perfil municipal de contratante (www.santiagodecompostela.gal)

O acordo de adxudicación poderá ser obxecto do RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN; o procedemento de recurso iniciarase mediante escrito que deberá presentarse no prazo de QUINCE DIAS soltos contados a partir do seguinte a aquel no que se remita este acordo.

Así mesmo, poderá interpor calquera outro recurso que estime oportuno.

O contrato formalizouse en documento administrativo o día 21-11-2019.

Número de ofertas presentadas: 4.

Data de publicación da adxudicación na web: 7-11-2019

Número de expediente municipal

CON/50/2018

Estado de la contratación

Adxudicacion definitiva

Tipo de licitación

Cofinanciamento: O proxecto será financiado co cargo ás axudas da primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) para cofinanciamento mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, convocadas por orde HAP/2427/2015, concedidas segundo Resolución de 29 de setembro de 2016 da Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos, publicada no BOE 239 de 3 de outubro de 2016.

O importe do proxecto financiable, correspondente á liña de actuación OT2, é de 190.000 euros, sendo a taxa de cofinanciación do 80% (152.000,00 euros) e comprometéndose o asumir o Concello o 20% restante (38.000,00 euros). (I.V.E. engadido)

FINANCIAMENTO ……… EDUSI OT2 (80%) …...PROPIO (20%)
---------------------------------------------------------------------------
2019 .....................………..152.000,00 ............…..38.000,00
---------------------------------------------------------------------------
TOTAL.....................………..152.000,00 ............…..38.000,00

Data de presentación de propuestas

Ata as 14:00 horas do día 29/01/2019 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Datos de la publicación

Publicado na Plataforma de Contratación do Estado 14/01/2018

Publicado no perfil do contratante 14/01/2018

Información y documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.org

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas

Compartir: