Servizo de execución de diversas operacions de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viarios, carreiros fluviais e parcelas municipais do termo municipal de Santiago de Compostela (2018-2020)

CORRECCIÓN DE ERRO NA ESTRUCTURA DOS SOBRES A PRESENTAR

Subsánase erro na configuración dos sobres nº 2 e nº3 que se sinala no prego dando así unha correcta interpretación a aplicación do disposto nos criterios de adxudicación, de tal xeito que a documentación relativa aos medios persoais deberá incluirse no sobre n1 3.

Polo tanto a correcta redacción sería a seguinte:

Sobre número 2. Proposición relativa aos criterios de adxudicación dependentes dun xuízo de valor para a licitación, mediante procedemento aberto, do servizo de execución de diversas operacions de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viais, sendas fluviais e parcelas municipais do termo municipal de Santiago de Compostela (2018-2020) CON/24/2018.

Contido: Medios materiais. Proposta de execución dos traballos. .../...

Neste sobre non se incluirá documentación que poida facer referencia, en ningún caso, ás condicións económicas do contrato, nin aos medios persoais , que serán valoradas nunha posterior fase da licitación. O incumprimento deste requerimento será motivo de exclusión da licitación.

A documentación a presentar axústarase estrictamente a estructura de apartados e subapartados definida na cláusula de criterios calificados como de valoración técnica neste prego, ós efectos de faciltar o seu estudio e análise polo técnicos municipais correspondentes. O incumprimento deste requerimento considerarase unha deficiencia da oferta con repercusión práctica na súa valoración.

Sobre número 3. Proposición económica e oferta relativa aos criterios de adxudicación avaliables mediante fórmula matemática para a licitación, mediante procedemento aberto, do servizo de execución de diversas operacions de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viais, sendas fluviais e parcelas municipais do termo municipal de Santiago de Compostela (2018-2020) CON/24/2018

Contido: Medios persoais.Proposición económica.

Número de expediente municipal

CON/24/2018

Estado da contratación

Licitacion

Tipo de licitación

652.892,56 IVE EXCLUÍDO

Data límite de presentación de propostas

Ata as 14:00 horas do día 15/10/2018 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Datos da publicación

Envio anuncio DOUE 11/09/2018 e publicado o 12-9-2018
Publicado Plataforma Contratación 11/09/2018

Información e documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.org

Documentos relacionados

Direccións relacionadas

Compartir: