ALLEAMENTO DA PARCELA MUNICIPAL PR-4 DO PROXECTO DE COMPENSACIÓN SUNP4 CAMIÑO FRANCES

Téndose declarada deserta a licitación relativa á venda da parcela PR-4 do PROXECTO DE COMPENSACIÓN do SUNP-4 CAMIÑO FRANCÉS (finca rexistral 42.934, con referencia catastral 8689103NH3488H0001XQ, que ten unha superficie de 1.290,67 m2 de solo e unha edificabilidade de 2.104,66 m2 construíbles, con uso de plurifamiliar VPA, polo prezo de 788.903,46 euros máis IVE), o Concello de Santiago ofrece a venda directa da referida parcela en aplicación do procedemento establecido no Art 137.4 da LPAP nas mesmas condicións do anterior concurso, que estarán dispoñibles nas oficinas municipais de urbanismo.

As solicitudes serán atendidas por orde de presentación. NON SE ATENDERÁN SOLICITUDES PASADOS QUINCE DÍAS a contar dende a publicación do presente anuncio no perfil de contratante do Concello de Santiago de Compostela.

Número de expediente municipal

PTM/8/2016

Estado da contratación

Licitacion

Data límite de presentación de propostas

Ata as 14:00 horas do día 30 de abril de 2018 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Información e documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.org

Documentos relacionados

Compartir: