Servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización dos diferentes programas educativos e das actividades da escola municipal de música de Santiago de Compostela.

Convocatorias mesas de contratación

APERTURA PUBLICA SOBRE 3

DIA: 8-5-2018
HORA: 9:00
LUGAR: Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
_____________________________________

Número de expediente municipal

CON/7/2018

Estado da contratación

Licitacion

Tipo de licitación

O importe máximo autorizado é de 851.697’66 euros exentas de IVE (artigo 20.9 da Lei 37/1992, do 28 de decembro), e que se abonará con cargo aos orzamentos do Concello de Santiago de Compostela, partida 080 32600 22799 e tendo en conta as seguintes anualidades:

2018 (6 meses) 2019 (12 meses) 2020 (6 meses) Total €
212.924’41 425.848’83 212.924’42 851.697’66

No caso de traballos de carácter plurianual, de conformidade co establecido no artigo 174 do Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de maio polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais e o artigo 79 e seguintes do Decreto 500/90, o gasto queda subordinado ó crédito que para cada exercicio se consigne no orzamento.

De modo exclusivamente orientativo reflíctese o número de horas/anuais de servizo previstas (10.970’51 horas), facéndose constar que dita previsión non xerará dereito algún a favor dos adxudicatarios, xa que a extensión e/ou intensidade da prestación do servizo virá condicionada pola limitación orzamentaria, a demanda do servizo e as posibles modificacións normativas que actualmente regulan o servizo.
O sistema de determinación do prezo utilizado consistiu na suma de prezos unitarios referidos á hora de servizo lectiva prestada, entendendo por tal aquelas destinadas exclusivamente á realización de actividades de carácter docente e nas que participe o alumnado matriculado nas distintas actividades organizadas no servizo da Escola Municipal de Música. Tal e como se desprende da memoria económica do presente servizo, na determinación do prezo/hora lectiva se inclúen os gastos de persoal docente e non docente (administrativo e de conserxería), os gastos correntes así como os demais gastos derivados da íntegra prestación do servizo da Escola Municipal de Música.
O prezo máximo a ofertar, tendo en conta que o servizo está exento de IVE nos termos do previsto no artigo 20.9 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, será o que se sinala a continuación:

PREZO/HORA SERVIZO DE EMM: 38,82 euros.

A hora contratada a facturar pola entidade adxudicataria é unha hora de 60 minutos de traballo efectivo (HORA LECTIVA), que se corresponderá co prezo/hora ofertado por aquela.

A cantidade prevista como importe máximo autorizado constitúe o orzamento máximo de gasto anual para a realización dos servizos licitados conforme aos prezos unitarios ofertados. Ao estar o prezo fixado por unidades de execución e tratarse dun importe total indeterminado por depender do número de alumnos matriculados nas diferentes actividades da EMM, debe terse en conta que o gasto efectivo está condicionado polas necesidades reais da Administración que, polo tanto, non queda obrigada a demandar unha determinada contía de unidades, nin a gastar a totalidade do orzamento de gasto indicativo.

Os licitadores realizarán a baixa sobre os prezos unitarios, sen modificar o importe máximo do contrato. A aplicación da baixa aos prezos unitarios repercutirá nun maior número de horas de prestación do servizo ou a prestación do servizo a un maior número de persoas usuarias.

Os licitadores deberán presentar unha proposición económica con suxeición ao Anexo I do presente prego, detallando a súa oferta, en función do prezo unitario ofertado.

Data límite de presentación de propostas

Ata as 14:00 horas do día 10 de abril de 2018 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Datos da publicación

DOUE. enviado: 02/03/2018 Publicado: 07/03/2018
Publicado BOP.- 12-marzo-2018
Publicado BOE.-

Información e documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.org

Documentos relacionados

Compartir: