Concesión de postos na nave número 5 do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 26 DE MAIO DE 2017 acordou adxudicar a Concesión de postos na nave número 5 do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela que se relacionan a continuación ós seguintes licitadores:

. D. Ramón Barreiro Alcobre que oferta unha cantidade de 24.050 euros a abonar ó Concello pola concesión do uso privativo do local nº 9 da nave 5 do Mercado de Abastos da cidade,

. D. Juliano Campos Campos que oferta unha cantidade de 21.500 euros a abonar ó Concello pola concesión do uso privativo do local nº 5 da nave 5 do Mercado de Abastos da cidade,

. Pescados Iglesias Mato que oferta unha cantidade de 26.050 euros a abonar ó Concello pola concesión do uso privativo do local nº 4 da nave 5 do Mercado de Abastos da cidade,

. Dna. Ana María Barros Nogueira que oferta unha cantidade de 12.081 euros a abonar ó Concello pola concesión do uso privativo do local nº 3 da nave 5 do Mercado de Abastos da cidade, e

. D. Manuel Ameneiro García que oferta unha cantidade de 12.026 euros a abonar ó Concello pola concesión do uso privativo do local nº 2 da nave 5 do Mercado de Abastos da cidade,

ó ser as súas as ofertas as máis vantaxosas das presentadas, unha vez aplicado o orde de prioridade por eles mesmos establecido.

Segundo: Adxudicar a D. Ramón Barreiro Alcobre a concesión do uso privativo do local nº 10 da nave 5 do Mercado de Abastos da cidade, para o que oferta unha cantidade de 15.000 euros a abonar ó Concello, estimándose deste xeito a súa solicitude de facer uso da posibilidade recollida no prego de aplicación, que establece que cada licitador unicamente poderá ser adxudicatario dun local, aínda que podería excepcionarse esta regra se algún deles quedara deserto.

O contrato do local Nº 5 formalizouse o 14-6-2017.

Número de ofertas presentadas ó local Nº 5: 4.

O contrato do local Nº 9 formalizouse o 15-6-2017.

Número de ofertas presentadas ó local Nº 9: 3.

O contrato do local Nº 10 formalizouse o 15-6-2017.

Número de ofertas presentadas ó local Nº 10: 3.

O contrato do local Nº 3 formalizouse o 16-6-2017.

Número de ofertas presentadas ó local Nº 3: 3.

O contrato do local Nº 4 formalizouse o 20-6-2017.

Número de ofertas presentadas ó local Nº 4: 2.

Data de publicación da adxudicación definitiva na web: 02 de xuño de 2017

Número de expediente municipal

CON/61/2016

Estado de la contratación

Adxudicacion definitiva

Tipo de licitación

- Locais nº 2,3,10,11: 12.024 euros/local.
- Local nº 5: 18.036 euros/local.
- Locais nº 4 e 9: 24.048 euros/local.

Data de presentación de propuestas

Ata as 14:00 horas do día 20 de febreiro de 2017 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Información y documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.gal

Direcciones relacionadas

Compartir: