Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte no acceso á praza de Mazarelos pola rúa de Cardeal Payá

Dende o luns 11 de xaneiro e ata o martes día 12 (incluído) quedará cortado ao tráfico o acceso á praza de Mazarelos pola rúa de Cardeal Payá, por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos, dentro do proxecto SMARTiAGO.

Os vehículos autorizados e os de carga e descarga poderán acceder polas portas de acceso da rúa das Casas Reais e da Algalia de Abaixo.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MERCADOS

Prolongación do mercadiño de Fontiñas

O mercadiño de venda ambulante que se celebrou os sábados de Nadal na rúa París manterase os sábados dende o 9 de xaneiro ata o 3 de abril (Semana Santa), na mesma ubicación que ata o de agora e cun cambio no horario (de 9.30 h a 14.30 h, no canto de 9.00 a 14.00 h), se ben os os comerciantes disporán de media hora antes e media hora despois para a colocación e recollida dos postos.

Os días de celebración do mercadiño, a rúa París pecharase ao tráfico e os vehículos estacionados deberán ser retirados antes das 9.00 h de cada sábado. Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

Desvío nas liñas de transporte urbano
As liñas afectadas son todas as liñas circulares: C2, C4, C5, C6 e C11

Quedarán suprimidas as seguintes paradas do transporte urbano:
365, París (parque) / 300, Madrid nº 17 / 132, Bruxelas / 364, París (Área Central) / 360, París (Área Central subida) / 361, París (cruce Bruxelas) / 363, París (cruce Moscova) / 322, Moscova / 636, rúa do Valiño nº 2 (para as liñas C5 e C6)

Desvíos por liña e traxecto:
-Liña C2: desde a rúa de Roma, en lugar de xirar cara a rúa Moscova terá que continuar pola rúa de Roma ata a finalización da mesma e despois pola rúa de Londres.
-Liña C4: desde a rúa Londres, en lugar de xirar cara a rúa de París, continuará ata a finalización de Londres e despois por Roma, continuando o seu itinerario habitual polo Camiño Francés.
-Liñas C5 e C6: *Sentido Amio – centro: desde a rúa de San Lázaro, para acceder á rúa Roma terá que facer o cambio de sentido na rotonda de acceso ao centro comercial (Camiño Francés con Monte dos Postes). Accederá á rúa de Roma e continuará por Londres co seu itinerario habitual.
*Sentido centro – Amio: desde a rúa Londres, en lugar de xirar cara a rúa de París, continuará ata a finalización de Londres e despois por Roma, continuando o seu itinerario habitual pola rúa de San Lázaro.
-Liña C11: *Sentido C. C. As Cancelas – centro: desde a rúa do Valiño, non poderá xirar á rúa de París, co que continuará para coller a rúa de Roma e despois por Londres retomando o seu percorrido habitual.
*Sentido centro – C. C. As Cancelas: desde a rúa Londres, en lugar de xirar cara a rúa de París, continuará ata a finalización de Londres e despois por Roma, continuando o seu itinerario habitual polo Camiño Francés.

Paradas alternativas:
*Na rúa de Roma, en sentido de baixada: Roma con Praga e Roma con Varsovia.
*Na rúa de Roma, en sentido de subida: Roma fronte ao acceso a Área Central e Roma con Bruxelas.

Direccións relacionadas

MOBILIDADE

Servizos de transporte urbano os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro

No seguinte enlace poden consultar os horarios de inicio e remate das distintas liñas do transporte urbano os días 24, 25, 31 de decembro de 2020, así como o 1 de xaneiro de 2021.

Documentos relacionados

MOBILIDADE

Corte na rúa da Algalia de Abaixo

Ao longo do venres día 18 de decembro e ata o día 23 (incluído) quedará cortada ao tráfico a rúa de Algalia de Abaixo, no seu acceso dende a rúa das Rodas e praza de Algalia de Abaixo, por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos na devandita rúa, dentro do proxecto SMARTiAGO. Os vehículos autorizados e os de carga e descarga poderán acceder pola rúa das Casas Reais.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Parada suprimida por modificación de tráfico na rúa Berlín.

Con motivo das obras que se levan a cabo na avda. de Lugo, o tráfico de subida pola rúa Berlín realizarase polo carril paralelo que actualmente está cortado.

A consecuencia desta modificación, o xoves 17, desde o momento do corte ata a reapertura do carril habitual, prevista na xornada do venres 18 de decembro, quedará suprimida a parada 128 Berlín (centro sociocultural), afectando ás liñas 9, C2, C5 e C11.

Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior de cada liña:

*Parada anterior, liñas 9, C2, C5 e C11: a situada na rúa Lisboa cruce con Berlín.

*Parada posterior, liñas C2 e C11: a situada en Rodríguez de Viguri (rotonda Concheiros).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte na ruela do Pisón

O vindeiro mércores, 16 de decembro, pecharase ao tráfico a ruela do Pisón entre as 9.30 h e as 19.00 h, por mor dunha acometida de saneamento que vai levar a cabo a empresa Viaqua.

Permitirase a subida completa da rúa do Pexigo de Arriba ata a rúa Virxe da Cerca (Tránsito da Mercé), polo que queda prohibida a baixada de vehículos dende este punto.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte na Travesa de Fonseca

A partir do martes 15 de decembro, e durante 5 días, quedará cortada ao tráfico a Travesa de Fonseca, no tramo comprendido entre a rúa do Franco e a rúa de Rodrigo de Padrón, por mor das obras de instalación dun sistema de control de accesos, dentro do proxecto SMARTiAGO.

Os vehículos autorizados e os de carga e descarga deberán utilizar como saída a praza do Obradoiro e a rúa de San Francisco. En canto aos vehículos procedentes da rúa do Franco, invertirán o sentido de circulación para chegar á praza do Obradoiro e seguir pola rúa de San Francisco.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte nos arredores do Estadio Verónica Boquete por mor do XIX Ciclocross Cidade de Santiago

O vindeiro 8 de decembro con motivo do "XIX Ciclocross Cidade de Santiago", os arredores do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro (incluído a zona dos soportais do estadio) permanecerán pechados ao público.

O horario de peche será de 8.00 h a 15.00 h.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico nas rúas de Voces Ceibes e de García Prieto

Por mor dos traballos de acometida eléctrica para os novos edificios en construción da rúa de Manuel Beiras por parte da empresa Elecnor, van producirse os seguintes cortes na circulación:

- dende o mércores 9 ata o venres 18 de decembro a rúa Voces Ceibes vai quedar cortada ao tráfico. Só poderán acceder os residentes ao seus garaxes.

- o sábado 12 de decembro quedará cortada a rúa de García Prieto dende as 8,00 ata as 15,00 horas para a execución dun cruzamento de calzada á altura da rúa Voces Ceibes. O corte farase efectivo no cruzamento coa rúa Doutor Maceira, podendo acceder só os residentes a garaxes.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

TRÁFICO

Corte de tráfico na rúa de Porta Faxeira

A rúa de Porta Faxeira, no acceso pola avenida de Figueroa, estará pechada ao tráfico dende o luns 7 de decembro e durante cinco días, por mor das obras de instalación dun sistema de control de accesos na devandita rúa, dentro do proxecto SMARTiAGO. Os vehículos autorizados e os de carga e descarga poderán acceder pola rúa de Cardeal Payá.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: