Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 26/03/2024 ata as 08:00 horas do día 27/03/2024

--:-- CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
13:56 ATROPELO: Na rúa da Torreira require unha persoa que manifesta que fora atropelada.
PROCESIÓNS: préstase servizo nas procesións.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na zona da Silvouta (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril, por mor das obras de construción da nova EDAR da Silvouta, pecharase á circulación o último tramo da rúa das Pedreiras, o máis próximo á zona da actuación. Esta rúa une os lugares de Laraño e Silvouta, polo que para circular entre os dous puntos deberá empregarse a AC-543. A duración do corte estímase que sexa dun ano.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa Canteira de Arriba (25 a 31 de marzo)

Dende o vindeiro luns, 25 de marzo, ata o domingo 31 de marzo, a rúa da Canteira de Arriba quedará cortada ao tráfico no tramo comprendido entre a rúa de San Lázaro e a rúa de Fernando Casas Novoa por mor da reparación do empedrado da calzada.

Os desvíos alternativos para este corte faranse pola rúa Avelino Pousa Antelo, entrada e saída; pola rúa de Fernando Casas Novoa, só de saída; e pola propia rúa da Canteira de Arriba cara ao Vieiro ou cara ao estadio Vero Boquete.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Servizos de reforzo no transporte urbano para o xoves 28 de marzo de 2024

O xoves 28 de marzo, día festivo, o servizo de transporte urbano verase reforzado nas seguintes liñas:

*Liñas 7, C5, C6, P1, P2, P3 e P5: funcionarán como un sábado laborable ata as 15:00. A partir desa hora terán o horario habitual de festivos.
*Liña C11: reforzo en horario de mañá, con pasos cada 20 minutos a partir das 10:00.

As restantes liñas do transporte urbano contarán con horario de día festivo ao longo de todo o día.

MOBILIDADE

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (domingo 31/3/2024)

Servizos de transporte para asitir ao partido de Monbus Obradoiro o domingo 31 de marzo ás 18:30 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 17:30. A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 17:15, 17:35, 17:55 e 18:15. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Horario da recollida do lixo en Semana Santa 2024

Comunicación do horario para a recollida de residuos na cidade histórica durante a Semana Santa 2024

Comunícase a toda a veciñanza, hostaleiros/as e comerciantes da cidade histórica do Concello de Santiago de Compostela que, con motivo das procesións de Semana Santa 2024, o horario de recollida de residuos modifícase do seguinte xeito:

Venres 22 de marzo e sábado 23 de marzo
Hostalaría/locais comerciais: a recollida porta a porta (en adiante PaP) da fracción papel/cartón realizarase a partir da 1.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón antes das 00.00 horas.
Domicilios: a illa de quita e pon da praza de Praterías non se instalará.

Domingo 24 de marzo
Hostalaría/locais comerciais: adiántase a recollida PaP de envases lixeiros, que se fará de 7.30 a 9.30 horas. É obrigatorio recoller o colector para o interior do local antes das 10.00 h da mañá.
Domicilios: as illas de quita e pon instalaranse antes das 18.00 horas, agás a da praza de Praterías, que non se instalará.

Luns 25 de marzo
Hostalaría/locais comerciais: a recollida PaP das fraccións resto e orgánica realizarase a partir da 1.00 h. Prohíbese sacar os colectores de resto e orgánica á rúa antes das 00.30. A recollida PaP da fracción papel e cartón realizarase a partir da 1.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón antes das 00.30 h.
Domicilios: a illa de quita e pon da praza de Praterías non se instalará.
 
Martes 26 de marzo
Hostalaría/locais comerciais: a recollida PaP das fraccións resto e orgánica realizarase a partir das 2.00 h. Prohíbese sacar os colectores de resto e orgánica á rúa antes da 1.45 h. A recollida PaP da fracción papel e cartón realizarase a partir da 2.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón antes da 1.45 h.
Domicilios: a illa de quita e pon da praza de Praterías non se instalará.

Xoves Santo 28 de marzo
Hostalaría/locais comerciais: a recollida PaP das fraccións resto e orgánica realizarase a partir das 2.30 h. Prohíbese sacar os colectores de resto e orgánica á rúa antes das 2.00 h. A recollida PaP da fracción papel e cartón realizarase a partir das 2.30 h. Prohíbese sacar o papel/cartón á rúa antes das 2.00 h.
Domicilios: a illa de quita e pon da praza de Praterías non se instalará.

Venres Santo 29 de marzo
Hostalaría/locais comerciais: adiántase a recollida PaP de envases lixeiros, que se fará de 7.30 a 9.30 horas. É obrigatorio recoller o colector para o interior do local antes das 10.00 da mañá. A recollida PaP das fraccións resto e orgánica realizarase a partir das 2.00 h. Prohíbese sacar os colectores de resto e orgánica á rúa antes da 1.45 h. A recollida PaP da fracción papel e cartón realizarase a partir das 2.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón á rúa antes da 1.45 h.
Domicilios: as illas de quita e pon instalaranse antes das 17.00 h, agás a da praza de Praterías, que non se instalará.

Sábado 30 de marzo
Hostalaría/locais comerciais: recollida PaP da fracción papel e cartón a partir da 1.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón á rúa antes das 00.00 horas.
Domicilios: a illa de quita e pon da praza de Praterías non se instalará.

Domingo 31 de marzo
Hostalaría/locais comerciais: adiántase a recollida PaP de envases lixeiros, que se fará de 7.30 a 9.30 horas. É obrigatorio recoller o colector para o interior do local antes das 10.00 da mañá.

Domingo 7 de abril
Hostalaría/locais comerciais: adiántase a recollida PaP de envases lixeiros, que se fará de 7.30 a 9.30 horas. É obrigatorio recoller o colector para o interior do local antes das 10.00 da mañá. O resto da recollida PaP para as diferentes fraccións de residuos da hostalaría e locais comerciais farase no seu horario habitual.

Illas de quita e pon

A illa de quita e pon da praza da praza das Praterías non se instalará dende o venres 22 de marzo ata o sábado 30 de marzo, ambos inclusive, polo que a veciñanza deberá acudir á illa de reciclaxe máis próxima aos seus domicilios para depositar os seus residuos de forma separada. Porén, instalaranse colectores en superficie nas proximidades, no horario en que habitualmente se coloca a dita illa, pero soamente para a fracción resto (residuos mesturados).

As demais illas de quita e pon colocaranse nas súas localizacións habituais.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa Viena (18 de marzo)

O vindeiro luns, 18 de marzo, a rúa Viena vai quedar cortada ao tráfico desde as 09:00 horas e durante toda a xornada por mor dos labores de asfaltados que se teñen que realizar na vía.

Transporte urbano

O corte desta rúa afectará ás liñas 9 (traxecto CDC-Casas Novas), C2 (aos hospitais), C5 e C11 (ao centro). Estas liñas, despois de realizar a parada na rúa de Londres, continuarán a subida por esta rúa ata a avda. de Lugo.

Quedarán suprimidas o luns 18 a partir das 9:00 as paradas: (293) Lisboa, Área Central; e (128) Berlín, centro sociocultural. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior de cada liña: (296) rúa Londres, EGAP; ou (87) Avda. Rodríguez de Viguri (c. Monte dos Postes).

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Recuperación da parada de autobús da rúa Santiago León de Caracas a partir do 4 de marzo

Desde o luns 4 de marzo, as liñas de transporte urbano retomarán a parada 591, situada na rúa Santiago León de Caracas, na marquesiña diante do centro de saúde Concepción Arenal.

As liñas 6, 6A, 12, 15, C4, C5 e P3, que están circulando pola rúa Fernando III O Santo deixarán de facelo o vindeiro luns 4 de marzo, retomando o seu itinerario habitual pola rúa Santiago León de Caracas e facendo a parada 591 na marquesiña que está no acceso ao centro de saúde Concepción Arenal.

Quedará sen efecto a parada que se está a realizar na rúa Fernando III O Santo, antes do cruzamento coa rúa do Hórreo.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Acibechería (a partir do 14 de febreiro)

A partir do mércores 14 de febreiro, a rúa da Acibechería quedará cortada ao tráfico por mor dos traballos de mantemento e reparación do pavimento da súa calzada, que terán unha duración estimada de tres semanas.

O corte da rúa levarase a cabo en dúas fases. A primeira comprende o tramo entre o entroncamento coa rúa Vía Sacra e a praza da Inmaculada, polo que quedará prohibida a circulación de baixada dende a praza de Cervantes.

A segunda fase executarase no tramo entre a praza de Cervantes e o cruzamento coa rúa Vía Sacra, polo que os vehículos que proveñan desta rúa deberán saír pola praza da Inmaculada.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa dos Caraveis (a partir de 29 de xaneiro)

A partir de hoxe, 29 de xaneiro, a rúa dos Caraveis vai quedar cortada ao tráfico no tramo de subida que vai desde a rúa da Ponte Nova de Vidán ata o camiño Real de Vidán por mor dun corremento de terras que afecta ao noiro que sustenta este vial na súa pendente.

Co obxectivo de garantir a seguridade, o Concello de Santiago limitará a circulación de vehículos ata a súa estabilización. Ata ese momento a veciñanza da zona afectada deberá realizar a entrada e saída pola rúa de Vidán, situada ó final da avenida da Mestre Victoria Míguez, antes da rotonda.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.


Compartir: