ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Apertura dos prazos de reserva e preinscrición na Escola Municipal de Música

A Xunta de Goberno de Santiago de Compostela na sesión celebrada o 25 de maio de 2018 acordou aprobar os seguintes prazos e admisión na Escola Municipal de Música para o curso 2018-2019:
- Reserva de praza alumnado actual: do 28 de maio ao 4 de xuño de 2018
- Preinscrición novo alumnado: do 26 de xuño ao 9 de xullo de 2018

Direccións relacionadas

TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN TRIBUTARIA

Exposición pública e do inicio do período voluntario de cobranza da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento exclusivo. Ano 2018

Configurado pola Tesourería o padrón da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento exclusivo do período impositivo 2018, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estará a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na rúa Presidente Salvador Allende, n.º 4-baixo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo.

O período voluntario de pagamento deste tributo será o comprendido entre o 05 de maio e o 05 de xullo de 2018.

Documentos relacionados

TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN TRIBUTARIA

Exposición pública e do inicio do período voluntario de cobranza da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa do período impositivo 2018

Configurado pola Tesourería o padrón da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa do período impositivo 2018, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estará a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na Rúa Presidente Salvador Allende, n.º 4-baixo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo.

O período voluntario de pagamento deste tributo será o comprendido entre o 05 de maio e o 05 de xullo de 2018.

Documentos relacionados

CULTURA

Convocatoria aberta de axudas de apoio a procesos e actividades culturais para entidades sen ánimo de lucro 2018-2019

A convocatoria vai dirixida a entidades sen fins de lucro, nomeadamente asociacións e fundacións, dedicadas á produción de actividades culturais, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade en Galicia.

As actividades subvencionables son todas aquelas que teñan carácter cultural e que sucedan nun único espazo ou en varias localizacións dentro do término municipal de Santiago de Compostela ao longo dunha ou varias xornadas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no BOP.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas

ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE

Anuncio servizos económicos

O Concello de Santiago informa que nas vindeiras semanas remitiranse as liquidacións tras o proceso de regularización catastral posto en marcha pola Dirección Xeral do Catastro, dependente do Ministerio de Hacienda, dentro do marco do Plan de Regularización 2014-2017, aprobado por Resolución do 16 de febreiro do 2016, da Dirección Xeral do Catastro publicada no BOE nº 45, de 22.02.2016.

Para facilitar a tramitación e ofrecer información do proceso e das vías de subsanación ante a Dirección Xeral do Catastro, o Concello reforza a Oficina de Información ao Contribuínte e facilita o fraccionamento ou aprazamento do pago.

A Oficina atópase na rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo. Pódese pedir cita previa no 881 599 977, en horario de 8:00 a 20:00 horas, ou ben a través da web www.santiagodecompostela.gal dentro do epígrafe Transparencia/Relacións coa cidadanía no apartado Cita previa

CONCELLARÍA DE IGUALDADE, DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO

Convocatoria e bases reguladoras do Premio Xohana Torres, de ensaios e creacións audivisuais, edición 2018

Publicación da convocatoria e bases reguladoras do Premio Xohana Torres, de ensaios e creacións audivisuais, edición 2018.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas

Concellería de Igualdade

Corrección de erros das Bases e convocatoria de subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade

Publícanse corrección de erro ás Bases e Convocatoria de Subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero para o ano 2017, publicadas no BOP da Coruña do 27 de xuño de 2017 (núm. 120).

Onde di:
14. XUSTIFICACIÓN E PAGO DA SUBVENCIÓN. "O prazo para a xustificación da subvención terminará o 30 de
octubre de 2017".
Debe dicir:
14. XUSTIFICACIÓN E PAGO DA SUBVENCIÓN. "O prazo para a xustificación da subvención terminará o 30 de
novembro de 2017".

VIVENDA E REHABILITACIÓN

Programa LIMIAR

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2017, aprobaou as bases reguladoras da creación da listaxe municipal de propietarios de edificios residenciais implicados en actuacións para a súa rehabilitación do Concello de Santiago de Compostela.

Poderán solicitar a súa inclusión na LIMIAR as comunidades de propietarios e persoas privadas, tanto de natureza física como xurídica, propietarias de edificios que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte á publicación das bases no BOP, e permanecerá aberto ata que o Concello resolva o seu peche.

CULTURA

Convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas para proxectos de artes escénicas. Curso 2017-2018

O Concello de Santiago de Compostela abre a segunda convocatoria de residencias de creación ou estadías técnicas para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán (situada no Centro Sociocultural de Santa Marta). As residencias serán de creación e investigación artística contando con apoio loxístico e técnico pero en ningún caso conlevarán dotación económica ningunha.

Direccións relacionadas


Compartir: