CULTURA

Convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas para proxectos de artes escénicas. Curso 2017-2018

O Concello de Santiago de Compostela abre a segunda convocatoria de residencias de creación ou estadías técnicas para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán (situada no Centro Sociocultural de Santa Marta). As residencias serán de creación e investigación artística contando con apoio loxístico e técnico pero en ningún caso conlevarán dotación económica ningunha.

Direcciones relacionadas

CONCELLARÍA DE EMPREGO

Convocatoria do programa Plan Xuvenil de Integración Profesional "Mocidade con Emprego".

Destinatarios/as: Mozos/as maiores de 16 anos e menores de 30 ,desempregados/as, non integrados/as nos sistemas de educación ou formación e estar rexistrados/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Obxecto: Mellorar a empregabilidade da mocidade a través da realización de 19 itinerarios personalizados de integración profesional que combinan formación, prácticas profesionais non laborais e asesoramento na busca activa de emprego

Prazo: Do 17 de outubro ate que se cubran as 323 prazas.

Lugar de inscrición: On-line, na seguinte web: www.ponteenmarcha.gal

O resto de publicacións e anuncios relativos ao procedemento de selección do programa, realizaranse na web da Axencia Local de Colocación. www.axencialocaldecolocacion.org

O Programa Plan Xuvenil de Integración profesional "Mocidade con Emprego" Santiago 2017-2020 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Empleo Juvenil e a Garantía Xuvenil.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas

Concellería de Igualdade

Corrección de erros das Bases e convocatoria de subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade

Publícanse corrección de erro ás Bases e Convocatoria de Subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero para o ano 2017, publicadas no BOP da Coruña do 27 de xuño de 2017 (núm. 120).

Onde di:
14. XUSTIFICACIÓN E PAGO DA SUBVENCIÓN. "O prazo para a xustificación da subvención terminará o 30 de
octubre de 2017".
Debe dicir:
14. XUSTIFICACIÓN E PAGO DA SUBVENCIÓN. "O prazo para a xustificación da subvención terminará o 30 de
novembro de 2017".

Educación

Publicación da Listaxe definitiva de admitidos na Escola Municipal de Música de Santiago e anuncios relativos á matrícula

Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisonais de admitidos, procede a publicación da Listaxe definitiva de admitidos na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2017/18 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión que tivo lugar o 17 de marzo de 2017.

Os solicitantes que o desexen poderán realizar as consultas que consideren a partir de hoxe no Departamento de Educación e Cidadanía, teléfonos 981 554 400/401 ou na Escola Municipal de Música, teléfonos 981 528 701 (Rúa Proxecto Vagalume, 2.)

Período de matrícula (do 14 ao 30 de xuño de 2017)

A matrícula formalizarase na Secretaría da EMM do 14 ao 30 de xuño de 2017. De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.

EDUCACIÓN

Concerto do Día das Letras Galegas

O día 20 de maio ás 12:30 h, na Praza das Praterias, terá lugar o Concerto do Día das Letras Galegas que tradicionalmente organiza a Escola Municipal de Música.

Direcciones relacionadas

CONVIVENCIA

Instrución sobre procedementos sancionadores en establecementos públicos e actividades de lecer e sobre criterios en materia de cabida, ocupación e capacidade de evacuación de establecementos públicos

Publícanse a instrución sobre criterios aplicables en materia de medidas cautelares de peche, iniciación de procedementos sancionadores, tipificación de infraccións e determinación de sancións en establecementos públicos e actividades de lecer, así como as instruccións sobre criterios aplicables en materia de cabida,ocupación e capacidade de evacuación de establecementos públicos.

URBANISMO

Notificación Decreto de concesión prazo alegacións. DIS/419/2013

Notificación Decreto de concesión prazo de alegacións a Dª María Ferreiro Iglesias e remisión copia dos escritos presentados ao Negociado de Licenzas de Obras. Expediente DIS/419/2013.

Direcciones relacionadas


Compartir: