TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN TRIBUTARIA

Anuncio de exposición pública e do inicio do período voluntario de cobranza da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento exclusivo. Ano 2018

Configurado pola Tesourería o padrón da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento exclusivo do período impositivo 2018, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estará a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na rúa Presidente Salvador Allende, n.º 4-baixo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo.

O período voluntario de pagamento deste tributo será o comprendido entre o 05 de maio e o 05 de xullo de 2018.

Documentos relacionados

TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN TRIBUTARIA

Anuncio de exposición pública e do inicio do período voluntario de cobranza da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa do período impositivo 2018

Configurado pola Tesourería o padrón da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa do período impositivo 2018, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estará a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na Rúa Presidente Salvador Allende, n.º 4-baixo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo.

O período voluntario de pagamento deste tributo será o comprendido entre o 05 de maio e o 05 de xullo de 2018.

Documentos relacionados

ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE

Anuncio servizos económicos

O Concello de Santiago informa que nas vindeiras semanas remitiranse as liquidacións tras o proceso de regularización catastral posto en marcha pola Dirección Xeral do Catastro, dependente do Ministerio de Hacienda, dentro do marco do Plan de Regularización 2014-2017, aprobado por Resolución do 16 de febreiro do 2016, da Dirección Xeral do Catastro publicada no BOE nº 45, de 22.02.2016.

Para facilitar a tramitación e ofrecer información do proceso e das vías de subsanación ante a Dirección Xeral do Catastro, o Concello reforza a Oficina de Información ao Contribuínte e facilita o fraccionamento ou aprazamento do pago.

A Oficina atópase na rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo. Pódese pedir cita previa no 881 599 977, en horario de 8:00 a 20:00 horas, ou ben a través da web www.santiagodecompostela.gal dentro do epígrafe Transparencia/Relacións coa cidadanía no apartado Cita previa

TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN

Exposición pública do padrón de taxas polos servizos de subministración de auga e conservación de contadores, canon da auga, saneamento e depuración de augas residuais, recollida e tratamento de residuos solidos

Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento e depuración de augas residuais, e xestora da recadación en período voluntario da taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga e conservación de contadores, canon da auga, saneamento e depuración de augas residuais, e recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos correspondente ao 1.º bimestre de 2018, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estará a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na rúa Presidente Salvador Allende, n.º 4-baixo, durante un prazo de 15 días, a contar dende a data da publicación do anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.

Direccións relacionadas

CONCELLARÍA DE IGUALDADE, DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO

Convocatoria e bases reguladoras do Premio Xohana Torres, de ensaios e creacións audivisuais, edición 2018

Publicación da convocatoria e bases reguladoras do Premio Xohana Torres, de ensaios e creacións audivisuais, edición 2018.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas

SECRETARÍA XERAL

Proposta de Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago

Conforme ao disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas, publícase aos efectos de consulta pública a "Proposta de Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago de Compostela".

SECRETARÍA XERAL

Anuncio aprobación definitiva da asunción directa da xestión dos servizos da ORA e grúa

Anuncio de aprobación definitiva da memoria de asunción directa da xestión dos servizos da ORA e grúa.

Documentos relacionados

AUDITORIO DE GALICIA

XV Festival de Curtametraxes Curtocircuito

Con data de 16 de marzo de 2018, a comisión executiva do organismo autónomo Auditorio de Galicia aprobou as Bases da convocatoria dos premios da XV edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto 2018.

Data límite de inscrición: 31de maio de 2018

Documentos relacionados

Direccións relacionadas

EDUCACIÓN

XI Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 18 de marzo de 2018, probou as bases do XI Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados.

O prazo de presentación de solicitudes ábrese coa publicación das bases no BOP da Coruña e finaliza o 14 de maio de 2018.

Documentos relacionados


Compartir: